top of page

Alumnado do colexio Arcediago de Santiso participa no Proxecto Ríos na Cornella

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Laura Moure/Santiso

En 2005 nace o Proxecto Ríos en Galicia, coordinado por ADEGA, cos propósitos de divulgar a situación ambiental dos nosos cursos fluviais, contribuír a incrementar a concienciación ambiental a través da participación cidadá e aportar solucións aos problemas asociados á auga e aos ríos, así como de convertese nun referente nos programas de educación e voluntariado ambiental. Na actualidade este proxecto está promovido pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas a través dos organismos Augas de Galicia e Instituto de Estudos do Territorio. E nesta inicitiativa tamén participan colexios de toda Galicia, como foi o caso hoxe do CEIP Arcediago, do municipio de Santiso.


É moi importante inculcar os distintos valores, como a defensa e protección da natureza, coidar o medio ambiente, reciclar o lixo... aos nosos cativos, porque eles son o noso futuro. E hoxe parte do alumnado deste centro educativo cambiaron a aula polo entorno da área recreativa da Cornella, onde seguro aprenderon moito.

Alumnado do CEIP Santiso na Área Recreativa da Cornella formando parte desta inicitiva.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

ILUMINADOS

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page