top of page

Alumnado da EFA Piñeiral de Arzúa estivo en Madrid para aprender de distintas realidades laborais

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Participou no programa de formación e emprendemento para os mozos do medio rural da Federación EFA Galicia


Laura Moure/Arzúa

O alumnado dos ciclos formativos do centro EFA Piñeiral ,Arzúa, participou esta

semana en Madrid no programa de formación e emprendemento para os mozos do

medio rural da Federación EFA Galicia. Esta experiencia persigue a mellora da súa

cualificación e o fomento do contacto con realidades laborais diferentes ás da nosa

comunidade.


Así, unha representación dos alumnos dos ciclos superiores de márketing e publicidade e educación infantil desprazáronse ata a comunidade madrileña para capacitarse da man de destacados profesionais dos seus respectivos ámbitos laborais.


Publicidade

ANUNCIO
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Os estudantes de márketing e publicidade coñeceron da man de Javier Ríos, do departamento de comunicación de El Corte Inglés a visión institucional da compañía, a evolución da marca, os seus retos e plans de futuro. Visitaron as axencias HAVAS Madrid e MURPH Media. Nesta última pudieron reencontranse con Mariña Rodríguez, antiga alumna da Efa Piñeiral, quen compartiu a súa experiencia en e resaltou a importancia da formación práctica que ofrece o proxecto educativo do centro.


O martes, o grupo visitou a Casa de Galicia, sede institucional da Xunta de Galicia, onde foron recibidos polo seu director Luis Ramos. Na Casa de Galicia tiveron lugar os encontros con Sandra Cid de Autocontrol da publicidade, Rita Rodríguez da iniciativa The Turtle Academy e Gabriela Machado, CEO da firma de calzado vegano e sostible “Momoc”. A xornada completouse coa clase clase maxistral sobre a xestión do espazo e produto en establecementos comerciais a cargo de Amaya Valderrey, visual merchandising de Flying Tiger Copenhagen.


O mércores, o programa continuou coa visita ao Hotel Meliá Princesa, onde o director Óscar Regueiro ofreceu ampla visión sobre atención ao cliente e a organización de eventos empresariais. Posteriormente, na escola de publicidade CANELA, Ana do Valle conduciu un taller para axudar aos estudantes para definir o seu perfil profesional.


Pola súa banda, o grupo de Educación Infantil realizou prácticas en tres colexios madrileños – Tajamar, Os Tilos e Montealto – onde participaron en actividades esenciais: desde a acollida temperá dos nenos ata o desenvolvemento de dinámicas na aula e o comedor. Ademais, os estudantes ampliaron a súa visión do mundoinfantil visitando a librería O Dragón Lector, onde descubriron as novidades literarias e tendencias para a infancia, e o Museo de Historia Natural, onde aprenderon sobre o material didáctico empregado en actividades infantís e as claves para organizar unha visita a un museo entre outras actividades.

foto

Encontro no Congreso dos Deputados; un compromiso co futuro do rural

Para culminar esta experiencia formativa, todos os alumnos presentaron este venres no Congreso dos Deputados as conclusión do informe Desafíos dos mozos no rural; unha reflexión por eles traballada na que se abordaron os desafíos que a mocidade das contornas rurais identifica no relativo ó transporte, servizos, inserción laboral ou oportunidades de formación. Nest encontro, propiciado pola deputada Marta González, participaron Jaime Olano, Irene Garrido e Álvaro Pérez ademais de Alberto Núñez Feijoo quen departeu co alumnado e profesorado.


PUBLICIDADE
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

A EFA Piñeiral, unha aposta pola alternancia aula-empresa

O equipo docente da EFA Piñeiral ratifica a importancia de seguir apostando no proxecto educativo pola alternancia continuada da aula e a realidade empresarial, actividades como tertulias, visitas, obradoiros ou viaxes que non só reforzan a formación teórica, senón que tamén facilitan o contacto directo con profesionais de referencia e a aprendizaxe práctica en escenarios reais. “Esta viaxe permitiu aos nosos alumnos vivir unha experiencia única, que sen dúbida potenciará a súa integración no mercado laboral e o seu desenvolvemento profesional”, sinalan dende o centro.


コメント


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page