top of page
Perruquería Marisa.gif

Alumnado da Efa Piñeiral abordou no Congreso dos Deputados a realidade da muller e xuventude rurais

Participou esta semana en Madrid nun intenso programa de formación enmarcado no plan de Formación e Emprendemento para Xoves do Rural promovido pola FEDERACIÓN EFA GALICIA- EFA PIÑEIRAL de Arzúa


Laura Moure/Arzúa

O alumnado dos ciclos formativos da Efa Piñeiral de Arzúa participou esta semana en Madrid nun intenso programa de formación enmarcado no plan de Formación e Emprendemento para Xoves do Rural promovido pola FEDERACIÓN EFA GALICIA- EFA PIÑEIRAL de Arzúa (A Coruña). Os alumnos dos ciclos de márketing e publicidade, xestión de vendas, educación infantil e actividades comerciais celebraron o pasado luns un encontro coa vicepresidenta do congreso, Ana Pastor, e os membros dos grupos populares e socialistas Marta González, Montserrat García, Juan José Matarí, Milagros Marcos e Joaquín García.


No transcurso do acto o alumnado da Efa Piñeiral expuso as reflexións e traballos por eles realizados sobre a problemática da muller e a xuventude rural; concluíndo os mesmos coa exposición dos decálogos que, ó criterio dos estudantes, conforman algunhas das medidas que se deben considerar para solucionar as necesidades de ámbolos dous colectivos; Mobilidade, conciliación, conexións e oferta educativa son algunhas das áreas que centraron boa parte do traballo dos alumnos.

Esta presentación ós deputados é unha das accións contempladas dentro da semana de

formación que persigue a mellora da cualificación profesional nas distintas áreas formativas vencelladas ós ciclos de formación profesional do alumnado; sanidade, comercio e márketing e educación infantil.


O alumnado dos ciclos de comercio e márketing puideron coñecer, entre outras iniciativas, as peculiaridades da flagship de Huawei e os espazos comercias de referencia na cidade; o grupo de márketing e comunicación HAVAS no que Jorge Castro, director creativo, liderou a visita e a exposición sobre os servizos e composición da empresa e a división de organización de eventos do Casino de Madrid grazas a Manuel Ortega, subdirector do NH Collection Casino de Madrid.

Así mismo, a Casa de Galicia en Madrid acolleu este mércores un programa de formación no que profesionais de diferentes áreas de coñecemento impartiron talleres e tertulias técnicas vencelladas co currículum dos ciclos formativos. As alumnas e alumnas do ciclo superior de educación infantil participaron tamén en encontros profesionais e protagonizaron actividades de intercambio de experiencias en diferentes institucións educativas; os colexios Tajamar, Los Tilos, Montealto e El Recuerdo. Pola súa banda, o grupo desprazado do alumnado do ciclo de auxiliar de enfermería visitaron nesta semana o Hospital Infantil Universitario Niño Jesús, os hospitais universitarios Gregorio Marañón, Ramón y Cajal, La Paz, o Hospital de coidados Laguna e o SAMUR.

172 visualizaciones0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
bottom of page