Altri informará do seu proxecto de Palas de Rei en varios concellos das comarcas esta semana
- ecosdacomarca
- 18 mar 2024
- 1 Min. de lectura
Responsables da empresa estarán en Palas, Monterroso, Melide, Agolada, Santiso e Antas de Ulla
Ecos da Comarca/Xeral
A empresa portuguesa Altri que pretende instalar unha fábrica en Palas de Rei convoca para esta semana reunións en distintos concellos das comarcas para dar a coñecer o seu proxecto.

Responsables de Greenfiber, filial de Altri, iniciarán estes encontros na Casa da Cultura de Palas de Rei, tendo lugar o mércores, día 20, ás 16:00 horas. Nesa mesma xornada, ás 20:00 horas, os interesados poden informarse en Monterroso, na Casa Consistorial.
Publicidade
Mentres ao día seguinte, o xoves 21, estarán na Casa da Cultura de Melide ás 13:00 horas; no Consistorio de Agolada ás 15:30 horas; na Casa do Concello de Santiso ás 17:30 horas e por último, en Antas de Ulla que será ás 20:30 horas no local social de Dorra-Senande.
Publicidade
Cabe mencionar que este proxecto foi publicado o pasado 4 de marzo no Diario Oficial de Galicia e poderase presentar alegacións ata o 17 de abril.
Comentarios