Altri e Greenfiber colle medo e deixa plantada á Semana Verde e non asisten á mesa redonda
- ecosdacomarca
- 31 may 2024
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Silleda

Abanca Semana Verde 2024 acolleu este venres a 26ª edición do Monográfico de Gando Porcino, que se celebrou baixo o título “Retos a los que se enfrenta el sector porcino”. Na xornada fíxose un balance anual do sector, sendo o encargado Pablo Meijomín, presidente da Federación Galega de Porcino (FEGAPOR). Además, Isabel Arza, de Arza Enxeñería, falou sobre normativa e subvencións vixentes en ganderías de porcino, abordando o calendario de aplicación e tramitacións periódicas da normativa, caderno de explotación, organismos con competencia en explotacións de porcino e subvencións ás que pode acceder o sector.
Publicidade
Asimesmo, e tal e como informou en días pasados a organización da Abanca Semana Verde, estaba prevista unha mesa redonda sobre a repercusión da implantación de Altri en Palas de Rei para a agricultura e a gandería, co participación de Pedro Baptista, director de operacións de Altri España; Xoán Castro, do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo; Olga López, HR Manager Greenfiber e Bruno Dapena, director do Proxecto Gama.
Publicidade
Pero segundo fontes consultadas, á mesas redonda só asistiu Xoán Castro, do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo. Os representates de Altri e Greenfiber avisaron esta mesma mañá de que non ían asistir, deixando a unhs 500 gandeiros sen saber máis sobre o seu proxecto en palabras deles.

Comentários