top of page

Altri deu a cara en Palas, Monterroso e Melide e planta á veciñanza de Agolada, Santiso e Antas

Actualizado: 27 mar

Ecos da Comarca/Xeral

Altri, a empresa portuguesa que quere implantar unha fábrica en Palas de Rei, reuniuse este mércores por primeira vez ca veciñanza de Palas de Rei e Monterroso. Pero non faltaron as pancartas en rexeitamento desta fábrica tanto en Palas e Monterroso, como este xoves no encontro en Melide. Sen embargo, os responsables da planta decidiron non asistir pola tarde a Agolada, Santiso e Antas de Ulla "en ausencia de unas condiciones básicas de respeto de parte de un sector del público asistente a la última charla informativa llevada a cabo por Greenfiber en Melide".

Asistentes á reunión en Palas de Rei. Autor: Ecos da Comarca.

Deixamos por aquí unha primeira parte dalgunhas das preguntas e respostas que tiveron lugar o mércores en Palas de Rei. Entre elas, a de Leandro Quintas, o propietario da finca de maior tamaño na que pretende instalar Altri a súa fábrica, que para a sorpresa de todos os asistentes aínda non está comprada a parcela.


Publicidade

Como diciamos Altri deixou plantada á veciñanza de Agolada, Santiso e Antas de Ulla. Este é o seu comunicado.


"En ausencia de unas condiciones básicas de respeto de parte de un sector del público asistente a la última charla informativa llevada a cabo por Greenfiber en Melide, la compañía ha decidido suspender las que estaban previstas para esta tarde en Santiso, Agolada y Antas de Ulla. La actitud agresiva y en aumento de determinados colectivos, los mismos que ya acudieron a Palas de Rei y Monterroso, hacen imposible cumplir el objetivo de estas charlas, que era informar a los vecinos.


La empresa va a explorar con los ayuntamientos nuevas opciones para informar de manera personalizada a los vecinos. Asimismo, distribuirá material explicativo del proyecto y habilitará próximamente una página web. Actualmente, ya está habilitado el correo".


Sen embargo, a xente concentrouse igual diante do Consistorio de Agolada onde deron unhas palabras o alcalde, Luis Calvo, a voceira da Plataforma Ulloa Viva, Marta Gontá, e o xeográfo lalinense Antonio Presas.


En Santiso tamén se concentrou veciñanza, xa que o propio alcalde, Manuel Adán, admitiu que non avisara da non charla, para así aproveitar a ocasión e informar á veciñanza sobre a empresa. Aquí tamén está creada unha plataforma, Santiso Vivo.

Publicidade

E en Antas de Ulla asistiron ao encontro con música.




0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page