top of page

Alta xenética e 159 exemplares de España e Portugal nas competicións de vacún frisón de Abanca Cimag-GandAgro 2025

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Celebrarase do 20 ao 22 no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA de Silleda


Laura Moure/Silleda

Un total de 159 exemplares de vacún frisón de alta xenética procedentes de catro Comunidades españolas e Portugal están inscritos nos concursos morfolóxicos desta raza na V Feira Profesional de Maquinaria, Agricultura e Gandería, Abanca Cimag-GandAgro 2025. Esta celebrarase do 20 ao 22 de febreiro no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA (Silleda, Pontevedra).


O XXXIII Concurso Autonómico da Raza Frisoa FEFRIGA´25, patrocinado por Xenética Fontao, contará cos exemplares máis destacados de Galicia. Competirán 102 reses, das cales 33 proceden da provincia de Lugo, 36 de A Coruña e 33 de Pontevedra.

Pola súa banda, o XLII Open Internacional da Raza Frisoa GandAgro´25 converterase unha vez máis en punto de encontro da mellor cabana bovina. Conta coa inscrición, ademais dos 102 exemplares galegos do Concurso Autonómico, doutros 20 de Cantabria, 8 de Asturias, 10 de Cataluña e 19 de Portugal. Suman así 159 animais rexistrados.


Maiores premios

Os exemplares participantes competirán polos títulos de Campioa de Galicia e Campioa Internacional (en función do concurso) nas categorías de becerra, xovenca, vaca xoven, vaca intermedia e vaca adulta; e polo de Gran Campioa de Galicia e Gran Campioa Internacional (segundo o concurso) nas de xovenca e vaca. Tamén se recoñecerá ao Mellor Criador Autonómico e Mellor Criador Internacional tanto absoluto como de xovenca, ademais de Mellor Gandería de Nova Participación.


En canto aos galardóns, os de xovenca e vaca Gran Campioa de Galicia, e tamén de Mellor Criador absoluto e de xovenca de Galicia, serán patrocinados por Xenética Fontao e Abanca. Pola súa banda, o premio á vaca Gran Campioa Internacional estará patrocinado por Abanca, mentres que o de xovenca Gran Campioa Internacional estarao por Ucoga. O de Mellor Criador Internacional contará co patrocinio de Delagro.


Ademais de incrementar as axudas á participación, nesta ocasión incrementáronse notablemente os premios no XXXVII Open Internacional. Así, a xovenca gran campioa pasará a recibir 1.200 €, o dobre, mentres que a vaca gran campioa pasará a 2.500 €, un 150% máis. Así mesmo, as subcampioas recibirán premio en metálico por primeira vez, con 600 € no caso da xovenca e 1.000 € no da vaca.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

En canto ao XXXIII Concurso Autonómico, mantén os premios cos que pretende continuar recoñecendo tanto a gañadores como a segundos postos en todas as súas categorías. Así, a xovenca gran campioa recibirá 600 € e a vaca gran campioa 1.000 €, mentres que nos campionatos menores os premios serán de 150 € no caso do exemplar gañador e de 50€ no segundo posto. Ademais, os criadores teñen premio en metálico, recibindo o mellor criador autonómico 600 € e o segundo 300 €, e tamén obtendo o mellor criador de xovenca 300 € e o segundo 150 €.


Organizados pola Federación Frisoa Galega (FEFRIGA) coa colaboración da Fundación Semana Verde de Galicia, estes concursos celebraranse o día 22 de febreiro.


Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Xóvenes manexadores e preparadores, con novidades

Ademais destas prestixiosas competicións, en Abanca Cimag-GandAgro 2025 celebrarase, tamén centrado na raza frisoa e da man de FEFRIGA, o XLII Concurso

Internacional de Xóvenes Manexadores “Memorial Luis Louzao”, no cal o día 21 de febreiro os gandeiros máis novos demostrarán a súa habilidade na presentación en

pista dos animais. Mapfre patrocinará esta competición.


Por outra banda, o mesmo día, engadirase o XX Concurso Internacional de Xóvenes Preparadores de Gando GandAgro´25, patrocinado por Delagro, no que os participantes medirán a súa destreza preparando aos animais para logo presentalos. Como novidade, estas dúas competicións inclúense no Campionato Puntuable Clube Xóvenes Gandeiros de Galicia 2025, o cal se puxo en marcha o ano pasado e está patrocinado pola cooperativa Clun. Así, os gandeiros ata 25 anos participantes nestas competicións de Abanca Cimag-GandAgro sumarán os puntos que consigan aos que reciban noutros dous certames centrados en manexo e pelado que se celebrarán en 2025 en Galicia, os cales serán o de Moexmu, en Muimenta (Lugo) e o de Feiradeza (Lalín). Sumaranse as puntuacións das tres citas e os seis primeiros con maior puntuación participarán no campionato internacional que terá lugar en Bruxelas, o cal xa o ano pasado gañou no seu debut o equipo galego, o cal representaba a España.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page