Alta participación nas probas de Xogade
- ecosdacomarca
- 29 abr
- 1 Min. de lectura
O Atletismo Deza foi un dos clubs con máis participación nestas probas
Ecos da Comarca/Deza
O Atletismo Deza participou durante a fin de semana en diferentes probas do Xogade, que tivo lugar en Pontevedra. Foi un dos Clubs con máis atletas que realizaron as diferentes probas, colleitando bos resultados e moitos deles/as mellorando as súas marcas persoais. Nesta fin de semana tiveron lugar as probas das categorías Sub10, Sub12 e Sub14.

Dende o Club anuncian que a fin de semana dos días 14 e 15 de xuño tratarán de clasificarse, un ano máis, no Campionato Galego de Clubs, nas categorías Sub10, Sub12 e Sub14. Cabe destacar que son probas de alta importancia para o Deza.
Publicidade
Así mesmo, o Club xa está a organizar o Campus de Verán que se levará a cabo por semanas dende o 23 de xuño ata o 1 de agosto. Un ano máis levaranse a cabo diferentes actividades polo casco urbano de Lalín, vinculadas co atletismo e tamén outro tipo de xogos como manualidades, actividades con auga, xornadas de piscina, buscas do tesouro... O Campus diríxese a rapaces/as nados entre 2019 e 2013.
Comments