top of page

Alta participación na Ulloa no arranque das rutas gratuítas que organiza a Deputación polo románico

Haberá un total de 17 itinerarios con 340 prazas durante todo o mes de maio


Laura Moure/A Ulloa

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, e alcaldesa de Antas de Ulla, Pilar García Porto, deu a benvida este sábado ao grupo que participou pola mañá na ruta do románico na Ulloa que organiza a Deputación de Lugo. A cita, que se enmarca dentro do programa de visitas gratuítas da institución provincial para conmemorar o Día da Transrománica -o vindeiro 9 de maio coincidindo co Día de Europa- arrancaba onte con percorridos pola Ulloa, onde se cubriron todas as prazas, e o Xeoparque das Montañas do Courel, que contou con moi boa participación.

Na ruta deste sábado, O románico nas Terras da Ulloa: Antas de Ulla, os participantes puideron coñecer as igrexas de San Xoán, Amoexa e Santa Mariña de Amarante da man dunha guía oficial. No percorrido da tarde, O románico nas Terras da Ulloa: Palas de Rei e Monterroso, tiveron a oportunidade de visitar o Mosteiro de San Salvador de Vilar de Donas, unha das xoias do románico lucense, e veciñas igrexas de San Cristovo de Novelúa e San Miguel de Esporiz, mostra da proliferación de templos de estilo románico favorecida polo paso do Camiño de Santiago.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

Outro grupo visitou pola tarde O románico no Xeoparque das Montañas do Courel, unha ruta que comezou en San Salvador de Hospital, en Quiroga. Tamén coñeceu a Abadía de San Clodio e a igrexa de Santa María de Torbeo, integrada na ruta Transrománica europea.

Hoxe, domingo, as visitas serán pola mañá á basílica de San Martiño de Mondoñedo e para coñecer o románico de Chantada, con parada no mosteiro de San Salvador de Asma, ou Santa María de Nogueira. Pola tarde haberá rutas por Taboada e Viveiro, con paradas na igrexa de San Pedro de Bembibre e Santa María de Piñeira na primeira, e a igrexa de Santa María do Campo ou a Porta da Vila na segunda.


A Deputación pon a disposición da veciñanza un total de 17 itinerarios durante todo o mes de maio, cun total de 340 prazas, e para participar é preciso realizar previamente as inscricións a través da web http://inscricions.deputacionlugo.org  ata completar o aforo. 

As persoas interesadas tamén poderán anotarse chamando aos teléfonos 982.260.011 e 982.260.234, ou dirixirse ao correo electrónico romanico@deputacionlugo.org


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

A programación para os vindeiros días con motivo do Día da Transrománica é a seguinte:

  • Martes, 9 de maio (Día da Transrománica)- 11:00 horas. A Catedral de Lugo e a cidade medieval.- 18:30 horas. Presentación da Guía Lugo Románico: Lugo, Terra Chá, A Mariña. No claustro da Catedral de Lugo.

  • Sábado, 11 de maio- 10:30 horas. Monforte Monumental - 11:00 horas. O Románico no Camiño de Santiago: Portomarín e Paradela.- 16:30 horas. Sarria: O Románico nos Hospitais Medievais de Peregrinos. - 16:30 horas. O Saviñao: Románico con vistas ao Miño.

  • Domingo, 12 de maio- 11:00 horas. Tesouros do Románico Rural en Lugo e Guntín. - 11:00 horas. Santa María de Meira. - 11:00 horas. Pantón: A Ruta do Monacato Feminino.- 16:30 horas. Dez séculos no concello de Sober: Dos Romanos ao Románico.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page