top of page

Alta participación do GTR no Quiroga Trail e no Maratón A Camelia

O deportista do Club Miguel CV viaxou ata Albalat dels Tarongers para participar no Trail


Laura Moure /Deza

O Club GTR segue a colleitar bos resultados nas probas e na pasada fin de semana foron varios corredores que participaron nas probas Quiroga Trail Challenge (Quiroga) e ao Maratón Por Montaña A Camelia (Vedra).


Por unha banda, un bo número de corredores do GTR estivo no Quiroga Trail Challenge, que unha vez máis non defraudou e fixo honor a súa fama como "a festa do trail galego". Abranguía varias distancias nos que se sacaba a relucir a fermosura e dureza do Courel e tamén a parte máis salvaxe e espectacular ao pé do río Lor.


Ata alí desprazáronse Óscar Lugrís, para desputar o ultra (60km con +3000 positivos);Gustavo, Belén e Fran, que participaron no Circuíto Trail que abranguía o sábado o Trail do Castelo (24 km con +1500) e o domingo o Trail do Lor (27 km con +1700); Maria Moreiras e Mari Carmen, que correron o Trail do Castelo, e, por último, Nacho Louzao e Anxo Montilla, que asistiron na modalidade Mini Trail (17 km).


En canto a resultados, destacar que o GTR quedou primeiro como equipo na modalidade de Trail. Ademais, Fran fíxose co bronce na categoría veterano B no Trail do Castelo e coa prata na mesma categoría no Circuíto Trail. Belén Riádrigos acadou a cuarta posición feminina en ambas probas, situándose segunda na clasificación final do Circuíto Trail. Finalmente Gustavo rozou o podio, quedando cuarto veterano no Circuíto Trail.

Outro grupo do Club estivo no Maratón de Montaña A Camelia 2023 (Vedra), que abranguía unha proba de Maratón  (42 km con +1.900) e un Trail (14 km con +370). Os corredores que participaron na Maratón resaltan que foi moi dura, cambiou con respecto a outros anos e houbo zonas máis técnicas, ademais da boa organización. Foi unha xornada espectacular e móstranse satisfeitos polos resultados obtidos. En canto a resultados, na Maratón, destacamos o de Iván Sangiao, que acadou o ouro na clasificación absoluta, e Tamara García, que logrou o bronce. Así mesmo, na proba de relevos, José Fernández e José Ferreiroa obtiveron un terceiro posto. Finalmente, no Trail, Manuel G. Adán fíxose co ouro na categoría de veteranos e Suso González coa prata.



Finalmente, dende o GTR destacamos a participación de Miguel CV no VII Trail de Albalat (Albalat dels Tarongers, Valencia). O noso deportista levou o nome do club ata as terras valencianas para participar na modalidade de 21 km con +1.000.



0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
bottom of page