top of page

Alfonso Rueda subliña no Pino "o compromiso da Xunta co turismo sostible"

Visitou o albergue turístico Cruceiro de Pedrouzo, no Pino, un dos beneficiarios da convocatoria de axudas da Xunta para eficiencia enerxética no sector turístico


Laura Moure/O Pino

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou o sábado o albergue turístico Cruceiro de Pedrouzo, no concello do Pino e enclave habitual no Camiño Francés, un dos beneficiarios da convocatoria de axudas da Xunta para eficiencia enerxética no sector turístico, e alí anunciou unha nova inxección económica de 1 millón de euros para afondar na sustentabilidade turística.

Nos últimos tres anos, o Goberno galego está a facer un importante investimento en eficiencia enerxética con dúas convocatorias, que suman máis de 13,2 millóns de euros na actuación co-financiada pola Unión Europea a través dos Fondos do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia Next Generation. A este respecto, o presidente anunciou que, ante o éxito de solicitudes da última convocatoria, a Xunta amplía o crédito en 1 millón de euros máis “para poder atender todas as peticións xa presentadas, o que supón un magnífico sinal”, afirmou.


Con este novo investimento, a Xunta de Galicia leva destinados nos últimos tres anos máis de 14 millóns de euros en melloras de aforro enerxético das que se benefician ao redor dunhas 200 empresas. Estas axudas enmárcanse nas actuacións da Xunta para impulsar a modernización dos establecementos turísticos e afondar na competitividade do destino, cun orzamento que só este ano dedica máis de 20 millóns de euros a este obxectivo, a través de liñas de axuda para mellorar en accesibilidade, eficiencia enerxética, crear novos establecementos turísticos. Para o presidente galego, “é unha mostra de como está mellorando o Camiño de Santiago, como están mellorando os servizos que xorden ao redor del e como está mellorando, en definitiva, o turismo en Galicia”.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Neste senso, o xefe do Executivo galego asegurou que apostar pola eficiencia enerxética abre novas oportunidades para diversificar o modelo de negocio galego e do que tamén se poden aproveitar outros sectores.


Rueda referiuse aos  datos de reservas que se acaban de coñecer para a Semana Santa, e salientou un incremento de case un 30 % con respecto ao ano pasado, “que non fora un ano malo”, apuntou. “Se seguimos facendo as cousas ben no turismo entre todos, temos unha perspectiva para os vindeiros anos moi boa”, concluíu. 




Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page