top of page

Alessia Rodríguez Amor de 7 anos e de Antas acada o Primeiro Premio Provincial de Narración


Ecos da Comarca/Antas de Ulla

O pasado maio o Concello de Antas de Ulla daba a coñecer os gañadores do Certame de Narración e Debuxo Infantil Letras Galegas 2023 na súa fase local. Ademais de recibir os seus premios correspondentes, estes rapaces optaron tamén aos da fase provincial, e nesta de Antas de Ulla gañou Alessia Rodríguez Amor na modalidade de Narración.

Alessia Rodríguez. Fonte: Concello de Antas.

"O seu talento permitiulle aos seus sete anos acadar o Primeiro Premio Provincial de Narración "Letras Galegas 2023" na Categoría A. Parabéns a ela e á súa familia!", felicítaa o Concello a través das súas redes sociais.



Publicidade

Cabe destacar que Alessia, na fase local, gañou o primeiro premio da Categoría A tanto na modalide de narración como de debuxo, polo que estamos ante unha gran artistaza!!!! Moitos parabéns!!


Publicidade

NOTICIAS RELACIONADAS:







0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
bottom of page