top of page

Alertan de que falta o condutor dun coche accidentado en Silleda, pero estaba ileso na súa vivenda

Ecos da Comarca/Silleda

Esta mañá rexistrouse un accidente de tráfico na parroquia silledense de Cira. Sobre as 12:00 horas Urxencias Sanitarias alertou a o112 Galicia de que unha persoa lles indicara que o coche dun familiar sufrira un accidente e que estaba na cuneta, pero que el non estaba no seu interior.

Foto arquivo.

O suceso en concreto ocorreu na estrada que leva ao lugar de O Couto (Refoxos), tal e como indica o 112 Galicia. Este mobilizou á Garda Civil, a Policía Local e aos Bombeiros de Deza. "Tempo despois a persoa indicaba que o condutor do vehículo accidentado, seu irmao, encontrábase na vivenda e estaba ileso", apunta o 112.

Cabe mencionar que o municipio de Silleda rexistrou nas últimas horas ao menos dous accidentes de tráfico. Sobre ás 1:00 horas un home tivo que ser excarcerado tras sufrír un accidente na localidade da Bandeira, tal e como informamos nesta noticia:




0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page