top of page

Aldara Ramos e Alicia Iglesias gañan o certame de Microrrelatos convocado polo Concello de Silleda

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Aldara, que xa gañou na última edición de 2019 é estudante do CPR María Inmaculada e Alicia do CEIP Plurilíngüe de Silleda. Ambos centros recibirán ademais un lote de libros


Laura Moure/Silleda

O Certame de Microrrelatos da Concellería de Normalización Lingüística do Concello de Silleda xa ten novas gañadoras. Aldara Ramos Toubes, de 15 anos, volve alzarse co galardón na categoría de 13 anos en adiante, co traballo presentado baixo o lema Mans que abrazan a terra. Aldara, alumna do CPR María Inmaculada, xa gañou na última edición do certame, celebrada en 2019. O xurado elixiu por unanimidade o seu traballo. Na categoría de 6 a 12 anos o premio é para Alicia Iglesias Rodríguez, de 11 anos, alumna do CEIP Plurilíngüe de Silleda, co traballo que reproduce o lema do certame deste ano, A muller Labrega.


Os premios consisten nunha tablet valorada en 100 euros para cada un ha delas, e un vale de compra de 20 euros para gastar en comercios de Silleda. Así mesmo os colexios aos que pertencen recibirán senllos vales de 50 euros para mercar libros en galego para as bibliotecas dos centros.


A entrega dos galardóns do certame terá lugar nos vindeiros días. O certame de Microrrelatos convocado dende a Concellería de Normalización Lingüística de Silleda, que dirixe Ángela Troitiño, recibiu nesta edición máis de 100 traballos, unha cifra que da conta da consolidación desta iniciativa que botou a andar con éxito en Silleda hai xa case unha década.


O xurado desta sexta edición estivo formado polos xornalistas Salomé Soutelo (Faro de Vigo) e Pablo García (Radio Estrada), e presidido pola concelleira de Normalización. Esta última agradeceu a colaboración dos centros, dos membros do xurado e destacou tamén a creatividade e orixinalidade dos traballos presentados.


Os gañadores da edición de 2019: Aldara Ramos e Alex Wnag, xunto á concelleira Pili Peón e as xornalistas Blanca Paz e Salomé Soutelo.




0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page