Alberte Lamazares volverá encabezar a lista de Unidade por Rodeiro nos vindeiros comicios
Ecos da Comarca/Rodeiro
A Plataforma Veciñal Unidade por Rodeiro anunciou este venres que será Alberte Lamazares de novo o seu candidato para facerse coa Alcaldía de Camba.
O seu comunicado íntegro: Dende a Plataforma Veciñal Unidade por Rodeiro, complacenos comunicar que Alberte Lamazares voltará ser o noso candidato á Alcaldía na vindeiras eleccións municipais.
Como xa sabemos todos/as Alberte Lamazares vive entre a A Veiga e Mourigás. É pai de familia, traballa e fai vida en Rodeiro. Alberte leva 10 anos defendendo os intereses da veciñanza de Rodeiro como concelleiro. A nivel profesiónal é socio de Rousil SC, da Coop O Rodo e de Da Veiga SLL.

Conta cunha ampla implicación en diferentes colectivos locais entre os que destaca os 13 anos no Consello Reitor de O Rodo, 8 anos directivo de Xuncoga e 10 anos na Direción
Nacional do SLG.
A nivel social en Rodeiro preside Mocidade Kambota, obstenta a capitanía do Cogal Rodeiro, participa da Feira Camba Sustentable, entre outros colectivos dos que colabora na súa posta en marcha.
Durante estes 4 anos fixemos unha ardua labor para o conxunto de veciñ@s de Rodeiro Fomos os que pelexamos pola educación pública, polo traslado do PAI ao CPI, por contratar máis persoal para atender os nosos maiores e dependentes, por un Centro de Día no edificio polivalente, pola sanidade pública, defendemos outro modelo eólico, mobilizamonos contra os problemas electricos. Os únicos que translamos unha proposta para desarrollar solo industrial, vivenda unifamiliar e a apertura do PXOM. Os
únicos que nos preocupamos polo mantemento das instalacións muncipais, tamén elaboramos unha proposta económica para o arranxo de pistas e mellora das traídas de auga. Os único que falamos de cultura, deporte e patrimonio, de montes e sector primario.
De todo e todas é sabido que Unidade por Rodeiro ten o mellor equipo de persoas validadas e solventes coa firme convición e, con esforzo, honestidade e traballo podense conseguir grandes logros, e construir desta maneira novo e ilusionante proxecto. Este equipo estará encabezado polo candidato máis preparado e solvente avalado por un programa ambicioso, que lle mellore a vida das persoas que desexamos vivir en Rodeiro.
Quedo a vosa disposición, para que, entre todos e todas construamos o Rodeiro do futuro.
Alberte Lamazares Casero