top of page

Alba Forno reclama que a ITV agrícola regrese a Cercio e Vilatuxe

Ecos da Comarca/Lalín

A voceira socialista de Lalín, Alba Forno, reclámalle ao goberno local que volva levar os servizos de ITV agrícola ás parroquias de Cercio e Vilatuxe, de onde a sacaron de maneira inxustificada.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Sinala que o malestar da veciñanza destas zonas é moi grande, porque agora están obrigados a desprazarse a Botos ou a Sello, facendo ducias de quilómetros nos tractores. A xustificación ofrecida polo concelleiro José Cuñarro para suprimir este servizo en relación a que non hai espazo suficiente para as novas instalacións, é de todo inverosimil, pois tanto en Cercio como en Vilatuxe hai superficies suficientemente grandes para acoller os equipos de revisión.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Considera que se trata dunha decisión política que hai que corrixir con inmediatez, porque tanto as áreas de Cercio como Vilatuxe son dúas das máis agrícolas de Lalín, nas que hai máis tractores e a veciñanza non pode quedar sen o servizo.


“Un veciño de Rodís, ou un de Galegos, non poden facer 25 quilómetros para ir a Sello e volver no tractor. Esiximos a que se poña solución con urxencia a esta situación” asegurou.



コメント


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page