top of page

Alba Forno reúnese con Venezolanos del Deza polo proceso de regularización extraordinaria

Ecos da Comarca/Lalín

A voceira municipal socialista, Alba Forno, mantivo este venres unha reunión coa presidenta da Asociación de Venezolanos del Deza, Mari Carmen Baldonedo Vilariño, co obxectivo de analizar o proceso de regularización extraordinaria de persoas estranxeiras e coñecer de primeira man a situación do colectivo en Lalín.

Durante a xuntanza, ambas partes coincidiron en valorar de forma positiva o proceso de regularización impulsado polo Goberno, destacando a súa importancia para mellorar a situación administrativa e laboral de moitas persoas. Neste sentido, sinalouse que, aínda que o proceso leva pouco tempo en marcha, estase desenvolvendo con normalidade, sen incidencias destacables máis alá de casos puntuais propios da posta en funcionamento.


A reunión desenvolveuse nun clima de cordialidade e entendemento, no que o grupo socialista interesouse polas principais problemáticas que afectan ao colectivo. Entre elas, destacou especialmente o acceso á vivenda, onde se sinalou a existencia de maiores dificultades e esixencias á hora de acceder ao alugueiro, así como as limitacións no acceso ao emprego derivadas da falta de documentación, cuestión que previsiblemente se verá mellorada co proceso de regularización.

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

Así mesmo, abordouse a necesidade de contar con apoio e acompañamento nos trámites administrativos, aínda que se puxo en valor a capacidade do propio colectivo para desenvolvelos, así como as iniciativas xa postas en marcha para facilitar o acceso aos medios necesarios.


Ao remate do encontro, ambas partes acordaron manter unha comunicación fluída e unha colaboración permanente, tanto no seguimento do proceso de regularización como na organización de actividades e iniciativas conxuntas.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Pola súa banda, Alba Forno trasladou a disposición do grupo municipal para apoiar ao colectivo no ámbito institucional e dar traslado das súas demandas, co obxectivo de seguir avanzando na súa integración e mellorar a súa situación en Lalín.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page