Alba Forno propón un programa europeo de conservación e promoción do Candán co apoio da Deputación
- ecosdacomarca
- 26 may 2023
- 2 Min. de lectura
O PSOE de Lalín considera que o Candán e as súas aldeas "foron esquecidas polo PP"
Ecos da Comarca/Lalín
A candidata socialista á Alcaldía de Lalín, Alba Forno, anunciou que “co apoio europeo, co
da Deputación e con concellos amigos gobernados por socialistas como Silleda e Forcarei
optaremos a un Programa LIFE, o máis importante para protexer os valores naturais e as
persoas que viven na Rede Natura”. Segundo Alba Forno “o LIFE CANDÁN vai ser unha
referencia de conservación do noso territorio e sabemos que cumpre cos requisitos de
acadar un financiamento desa entidade”.

Os socialistas afirman que “o PP abandonou a promoción do Candán, para eles e só monte, para nós é vida: é o pulmón natural da provincia de Pontevedra, da limpeza dos seus ríos tamén depende a riqueza das rías, por iso sabemos que este vai ser un
programa de alcance” . Forno sinalou que “con apoio europeo e da Deputación, pois Carmela Silva está volcada con esta posibilidade, imos mellorar as devesas do Candán da man das comunidades de montes, adecentar a rede de camiños que serven tamén para controlar posibles incendios, asegurar a salubridade dos ríos e mellorar a calidade de vida nas aldeas das parroquias lalinenses de Zobra, Vilatuxe e Lebozán”.
Para Alba Forno este non é so “un programa medioambiental máis, conleva que todas as
augas das aldeas do Candán estean completamente depuradas e saneadas, que conten
con todos os servizos e que o medio natural da zona estea perfectamente conservado “ e
sinala que “sei da dificultade de que o programa de financiamento estrela do Pacto Verde
Europeo para a conservación da natureza conleva, pero tamén sei que contamos cos
mellores para facelo posible e calcula que se poden alcanzar de 6 a 8 millóns de euros
para melloras dos 3 concellos”.
O PSOE de Lalín lembra “que sempre miramos a nosa máis importante área de Rede
Natura como un espazo dun valor único no centro de Galicia e de alta importancia pois o
que pasa no Candán afecta tamén as rías de Pontevedra e Arousa. O Candán é riqueza
para toda Lalín e para toda Galicia”
Commentaires