top of page

Alba Forno pregúntalle ao goberno local “que pasou co Orgullo de Lalín"

A voceira socialista lamenta "o progresivo desmantelamento dun evento pioneiro no rural"


Ecos da Comarca/Lalín

A voceira municipal socialista, Alba Forno, preguntou onte ao goberno local do PP “que pasou co Orgullo de Lalín” despois de que, a escasos días da fin de semana na que estaba prevista a súa celebración segundo anunciaba a programación cultural de maio, non exista ningunha actividade anunciada nin información pública sobre o evento.

O Orgullo de Lalín o ano pasado. Autor: Ecos da Comarca
O Orgullo de Lalín o ano pasado. Autor: Ecos da Comarca

Neste sentido, advertiu de que “todo apunta a que o PP de Crespo decidiu deixar morrer definitivamente o Orgullo de Lalín”, xa que “nin hai anuncios, nin publicidade, nin comunicación oficial ningunha a poucos días das datas nas que figuraba inicialmente programado”.


Forno lembra que o Orgullo de Lalín foi unha iniciativa pioneira impulsada durante o goberno de coalición co obxectivo de “visibilizar a diversidade afectivo-sexual desde o rural e converter Lalín nun referente de liberdade, convivencia e sensibilización”. A proposta combinaba unha parte festiva con actividades educativas, charlas, encontros e referentes do movemento LGTBI.

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

A voceira socialista lamentou que “coa chegada do PP o evento foi perdendo contido e peso ano tras ano, ata quedar reducido practicamente a unha simple festa sen actividades de sensibilización nin visibilidade”. Ao seu xuízo, “o Partido Popular nunca se sentiu cómodo cun evento destas características”.


“Foron moitas as persoas que participaron e se implicaron durante anos nun evento que chegou a ter un enorme impacto social, educativo e mesmo turístico para Lalín”, sinalou.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Forno incidiu ademais en que “o rural segue necesitando espazos de visibilidade e sensibilización máis ca nunca”, especialmente “nun contexto no que afloran discursos políticos que cuestionan a liberdade sexual ou os dereitos das persoas LGTBI”.


Sinala que os socialistas recuperarán este evento, porque “Lalín non pode dar pasos atrás neste ámbito nin perder iniciativas que contribuían a construír unha vila máis aberta, diversa e respectuosa”, concluíu.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page