top of page

Alba Forno pide que se revoquen as últimas sancións por estacionar en Matemático Rodríguez

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

A socialista lalinense sinala que non se aprecian as marcas azuis


Ecos da Comarca/Lalín

A voceira municipal do PSdeG-PSOE de Lalín, Alba Forno, reclamoulle ao goberno local que proceda a deixar sen efecto as multas impostas por estacionar na rúa Matemático Rodríguez durante os últimos dous meses por non dispor do disco horario, xa que as liñas azuis que deben definir o estacionamento regulado nesta zona son completamente imperceptibles.

Alerta da disconformidade de moitos condutores e condutoras que manifestan con razón a falta de sinalización e lembra que en casos similares ocorridos noutros concellos e cidades prosperaron as alegacións das persoas sancionadas, ao considerar a xustiza que existía un claro suposto de falta de sinalización que induciu ao erro no estacionamento.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Reclámalle dilixencia ao concelleiro de Obras, José Cuñarro, para que de maneira “urxente” se proceda ao repintado das marcas viarias en cor azul que definen o estacionamento regulado na rúa Matemático Rodríguez. Incide en que o desgaste da pintura pola falta do debido mantemento fai imposible diferenciar se se trata dunha rúa de aparcamento libre ou dunha zona limitada a un máximo de 90 minutos, como é o caso.


Forno explica que ante esta situación, moitos veciños e veciñas “incluso chegaron a pensar que a zona azul fora eliminada desta rúa”.



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page