top of page

Alba Forno pide máis apoio das Administracións para a Sociedade de Caza e Pesca de Lalín

1 sept
2 min de lectura

A concelleira, xunto a outros membros do PSdeG-PSOE, mantuvo un encontro co colectivo no que abordaron todo o traballo que levan a cabo


Ecos da Comarca/Lalín

O PSdeG-PSOE de Lalín continúa coa súa rolda de reunións cos diferentes colectivos e entidades do municipio para coñecer de primeira man as súas necesidades e demandas. Neste marco, a voceira socialista, Alba Forno, acompañada polo concelleiro Mario López e por Eva Castro, membro da executiva local do PSOE, mantivo un encontro coa Sociedade de Caza e Pesca de Lalín nas instalacións do colectivo.

Os socialistas felicitaron aos seus integrantes polo traballo que veñen desenvolvendo ao longo dos anos. Desde o PSdeG-PSOE puxeron especialmente en valor a traxectoria da Sociedade de Caza e Pesca, un dos colectivos con maior antigüidade do municipio e con maior número de socios/as, máis de 400. Tamén resaltan a importante labor que realiza tanto no ámbito medioambiental como no fomento e divulgación da actividade da pesca e da caza.


Durante o encontro, o colectivo trasladou as súas principais necesidades e preocupacións. Neste sentido, “é necesario que as distintas administracións presten maior atención á Sociedade de Caza e Pesca e aposten por retomar e reforzar os convenios e vías de colaboración para apoiar o traballo que desenvolve a entidade”, indicou Forno.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

Entre as actividades que realiza a Sociedade de Caza e Pesca, o PSdeG-PSOE destaca a súa labor de repoboación dos ríos para favorecer a actividade piscícola, así como a organización de cursos e actividades formativas relacionadas coa pesca. Unha actividade que “evidencia o compromiso do colectivo coa conservación do medio natural e coa transmisión destes coñecementos ás novas xeracións”.


Tamén se abordou a preocupación existente polo estado dos ríos do municipio, especialmente ante os problemas de deterioro e contaminación que poden afectar tanto aos ecosistemas como á actividade da pesca.


Outro dos asuntos tratados foi a problemática derivada da presenza do xabaril e as dificultades que afrontan os colectivos de caza para facerlle fronte. Neste sentido, os socialistas destacan especialmente o labor das cuadrillas e do persoal preparado para realizar as actuacións necesarias, contribuíndo a evitar que a presenza do xabaril provoque maiores danos, especialmente no sector gandeiro.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

“É necesario que o Goberno municipal e o resto das administracións escoiten máis de preto aos colectivos que coñecen o territorio e que están a traballar cada día para dar resposta aos problemas que existen no noso medio natural”, sinalou Alba Forno. “A Sociedade de Caza e Pesca ten unha longa traxectoria e desenvolve un traballo que debe ser recoñecido e apoiado. Debemos sentarnos con eles, coñecer os seus proxectos e estudar vías de colaboración que permitan que poidan seguir desenvolvendo este labor en beneficio de Lalín”.


O PSdeG-PSOE de Lalín continuará con esta rolda de reunións co tecido asociativo do municipio, coa vontade de manter un contacto directo coas entidades, coñecer as súas propostas e trasladar as súas demandas.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page