top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Alba Forno lémbralle a Crespo que "Europa non é un caixeiro" e acúsao de "incapacidade para executar os fondos europeos"

Ecos da Comarca/Lalín

A voceira municipal socialista de Lalín, Alba Forno, lembrálle ao alcalde, José Crespo, que Europa non funciona coma un caixeiro ao que as Administracións poidan acudir para dipoñer de fondos cando e como queiran. Sinala que os fondos europeos do Plan de Recuperación teñen uns prazos e unha fiscalización estrita e que foron conseguidos polo Goberno de Pedro Sánchez -co PP en contra- para cumprir unha serie de obxectivos e desafíos nos que deben participar todas as Administracións e o tecido industrial e social.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Porén, Alba Forno explica que, no caso de perderse a axuda de 1,2 millóns de euros para

reformar a praza de abastos, "a responsabilidade será da neglixencia xestora de Crespo e

do seu equipo". A voceira recorda que esta axuda concedida polo Ministerio de Transportes ao abeiro do programa PIREP foi resolta favorablemente en outubro de 2022, “pero ano e medio máis tarde o concello aínda non sacou a licitación o proxecto, unha cuestión incomprensible, máis tendo en conta que teñen ao seu servizo un exército de asesores, de concelleiros liberados e empresas especializadas que contrataron para este fin”.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

A socialista considera que o PP fai o maior dos ridículos “cando, por un lado non paran de

atacar ao Goberno central sobre a suposta inexecución dos fondos europeos e, por outro,

cando llos conceden son incapaces de executalos”. “Pedímoslle un mínimo de seriedade ao alcalde e que en vez de esforzarse tanto en atacar obsesivamente a Pedro Sánchez, se

dedique a traballar para non perder unhas axudas que están chegando a cada recuncho

para transformar Lalín e Galicia”.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Alba Forno recordou tamén como o propio Crespo se cansou de afirmar que dos fondos do

Plan de Recuperación “non chegaría un céntimo a concellos como Lalín, cuestión que

incluso levaron a pleno”. “Demostrouse que mentía e agora que veñen as axudas non é

capaz de executalas e ata as perde por presentar proxectos que non cumpren os

obxectivos como pasou coa subvención que se desestimou para arranxar a vella piscina”.


0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page