top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Alba Forno esixe unha rectificación do goberno e reclama que se asignen prazas de natación ás ANPAs

A concelleira lalinense demanda transparencia nas listas de agarda para os cursiños “pois a súa xestióin é absolutamente escura”


Ecos da Comarca/Lalín

A voceira municipal do PSdeG-PSOE de Lalín, Alba Forno, esixe a rectificación inmediata do goberno municipal, “que suprimiu arbitrariamente e sen dar ningún tipo de explicación todos os cursiños de natación que se realizaban a través das ANPAs” e reclama “que se recupere esta actividade con prazas suficientes para os nenos e nenas”. A socialista apunta ao concelleiro Avelino Souto “e á súa caótica xestión do Lalín Arena” como culpables desta sitaución que está causando fondo malestar entre as asociacións de pais e nais.

Lembra que hai 4 anos podíanse anotar todos os nenos das ANPA aos cursiños, logo supendéronse os cursos pola pandemia e no 2021, aínda que prometeron reactivalos non o fixeron, mentres que no 2022 só ofreceron 5 ou 6 prazas para cada colexio e agora directamente eliminan a actividade. “Existe unha absoluta desestruturación da actividade no Lalín Arena e son os máis pequenos os que pagan as chapuzas constantes de Souto”, advirte.

Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Forno sinala que, por outra banda, segue habendo moitos nenos en lista de agarda para os cursos de natación que ofrece o Concello, e que os pais/nais que teñen praza asignada se queixan por ter que agardar a outubro para facer modificacións de horarios ou días nos cursos, pois as modificacións fanse efectivas en novembro co tempo que iso conleva e a desestructuración de horarios que provoca noutras actividades.

“A problemática é tan importante e a incompetencia do concelleiro de Deportes tan manifesta, que hai algunhas ANPAS que están valorando a posibilidade de contratar un profesor de natación pola súa conta e que o Concello lle deixe unha "calle" da piscina para facerse cargo dos cursiños de natación dos cativos e cativas”, explica.

Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Finalmente, a voceira socialista sinalou que a xestión das listas de agarda para os cursiños de natación “é absolutamente escura, sen ofrecerse ningún tipo de información pública sobre os criterios de selección, e nin sequera son listas públicas”. “Esiximos transparencia, que se publiquen as listas e que se aclaren os criterios para a asignación de prazas”, subliñou.


0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page