top of page

Alba Forno denuncia que a veciñanza de Agruchave segue sen poder conectarse ao saneamento

O PSOE de Lalín recrimina que o Goberno local “vende grandes investimentos e anuncios

millonarios mentres a veciñanza continúa sen acceso a un servizo básico e esencial”


Ecos da Comarca/Lalín

O PSdeG-PSOE O PSdeG-PSOE de Lalín denuncia a situación “incomprensible e inaceptable” que está a sufrir a veciñanza de Agruchave, que continúa sen poder conectarse á rede de saneamento pese a que as obras levan máis dun ano rematadas.

A voceira socialista, Alba Forno, xunto cos concelleiros, Mario López e María Iglesias, visitaron a zona para coñecer de primeira man as reclamacións veciñais.

Alí, lembraron que este proxecto foi anunciado xa no ano 2006, cun investimento superior aos 500.000 euros para mellorar o saneamento da zona. Porén, non foi ata 2024 cando comezaron finalmente os traballos. “Despois de máis de vinte anos de anuncios e promesas, a realidade é que a obra está feita, pero a veciñanza segue sen un servizo básico. É o exemplo perfecto do modelo do Partido Popular: moita propaganda, moito titular e pouca solución real para o día a día da xente”, sinala Forno.

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

A voceira critica que o goberno local “saca peito constantemente” das inversións en saneamento nas parroquias, mentres existen casos como o de Agruchave, onde as

familias continúan sen poder utilizar unha infraestrutura xa executada e pagada con fondos públicos. “De pouco serve anunciar obras millonarias se despois os veciños

e veciñas non poden conectarse nin reciben explicacións claras do que está

pasando”, cuestionan.


Dende o PSOE aseguran ademais que varios membros do goberno municipal coñecen perfectamente esta problemática e recibiron numerosas queixas da veciñanza ao longo dos últimos meses, sen que ata o momento se dera unha resposta concreta nin un prazo claro para resolver a situación. Os socialistas consideran especialmente grave que, máis dun ano despois da finalización dos traballos, as persoas afectadas sigan sen saber cal é o motivo exacto polo que non poden acceder ao servizo. “Estamos falando dun servizo básico e esencial. Non é admisible que unha infraestrutura permaneza inutilizada durante

meses mentres a veciñanza continúa esperando sen información e sen solucións”, afirman.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Por todo iso, o PSdeG-PSOE de Lalín reclama ao goberno local que actúe “con urxencia”, desbloquee definitivamente a situación e permita canto antes a conexión das vivendas á rede de saneamento.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page