Alba Forno denuncia que a subida do IBI está afogando a economías das familias máis humildes
- ecosdacomarca
- 8 oct 2024
- 2 Min. de lectura
O PSOE de Lalín considera que “o atraco fiscal de Crespo se debe á necesidade de pagar os despilfarros dun goberno que disparou a débeda a case 11 millóns de euros"
Ecos da Comarca/Lalín
A voceira municipal dos socialistas de Lalín, Alba Forno, sinalou este lunns que ao longo das últimas semanas “numerosos veciños e veciñas estannos trasladando o seu fondo malestar ante escandalosa subida que están percibindo no recibo do IBI” que se pasou a cobro no caso dos domiciliados o pasado día 3. “Os cidadáns, en moitos casos descoñecedores do sablazo fiscal imposto por Crespo, chámanos asustados cando ven que lle subiron 70 ou 90 euros”. “Unha persoa que pagaba 150 euros está pagando 190 e quen pagaba 300 paga agora máis de 375”, explicou.

“O Concello vai recadar uns 500.000 euros máis este ano só coa subida do IBI, exactamente o mesmo que gastan en salarios anualmente”, indicou. Así, Forno sostén que o aumento dos impostos nun 25% aplicado por parte do PP “está afogando ás persoas maiores, aos autónomos, pequenas empresas e ás familias máis humildes nunhas semanas nas que tamén tiveron que afrontar gastos como os do inicio de curso”.
Lembrou que ademais do IBI, o Partido Popular recuperou impostos que non se cobraban como o ICIO e as plusvalías e subiu taxas e tributos “mentres descenderon os investimentos e non houbo ningunha mellora dos servizos públicos”. Considera que “o atraco fiscal de Crespo se debe á necesidade de pagar os despilfarros dun goberno que disparou a débeda a case 11 millóns de euros e a facer caixa para afrontar o gasto de máis de 2 millóns de euros en salarios ata o final do mandato”.
Publicidade
A voceira dos socialistas criticou que “mentres o senador Crespo pide en Madrid que se baixen os impostos aquí vaille ao peto aos veciños e veciñas para poder pagar os soldos, os despilfarros en ano electoral, a débeda e os seus megaproxectos”. Lamentou, por último, que o PP enganase na campaña electoral aos veciños e veciñas ao non dicir nada sobre esta subida e aplicala tras pasaren as eleccións.
Comments