top of page

Alba Forno denuncia "o abandono" das xardineiras da rúa Principal e pide coidar o centro de Lalín

“Non se pode falar de humanizar novas rúas, de supostas amendoas centrais e de grandes prazas mentres se permite que os coches invadan espazos pensados para as persoas e mentres non se coida o que xa existe” , salienta


Ecos da Comarca/Lalín

A secretaria xeral do PSdeG-PSOE de Lalín, Alba Forno, denuncia o estado de deterioro no que se atopan as xardineiras da rúa Principal de Lalín, "estragadas polo paso continuado de vehículos e pola falta de mantemento". "Estas zonas verdes forman parte dunha actuación pensada para facer desta rúa do centro un espazo máis amable e atractivo para a xente. Non obstante, hoxe ofrecen unha imaxe de abandono impropia dunha das principais rúas da vila", salienta.

Para o PSOE, o que está acontecendo é unha mostra máis "da falta de rumbo na xestión do centro urbano". “Non se pode falar de humanizar novas rúas, de supostas amendoas centrais e de grandes prazas mentres se permite que os coches invadan espazos pensados para as persoas e mentres non se coida o que xa existe”, sinala Forno.

  Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Os socialistas lembran que Lalín precisa decisións firmes sobre o modelo de mobilidade e sobre o uso do espazo público e reclaman que o Concello actúe canto antes para recuperar estas zonas verdes e garantir que o centro da vila volva ser un espazo coidado e atractivo.

  Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Fai unha doazón para axudar ao xornalistmo independente. Gracias!
Fai unha doazón para axudar ao xornalistmo independente. Gracias!

“Os detalles importan e cando o centro non se coida, a sensación de abandono acaba afectando á vida comercial e á imaxe de Lalín”, incide a secretaria xeral.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page