Alarma no río Deza!
- ecosdacomarca

- 20 jul
- 2 min de lectura
Artigo do xeógrafo lalinense Antonio Presas
Antonio Presas/Deza
Compartimos este artigo do xeógrafo lalinense Antonio Presas.
ALARMA NO RÍO DEZA
"Non resulta grato ser alarmistas nin sensacionalistas, pero o caudal do río Deza, neste ano 2026, parece moi preocupante, sendo o caudal un dos indicadores máis fiables do que sucede dentro dunha conca fluvial. A conca fluvial do Deza-Asneiro abarca unha extensa superficie de 550 Km2, correspondentes aos concellos de Dozón, Lalín, Vila de Cruces e Silleda

É certo que choveu moito durante o inverno, que houbo varios desbordamentos do río en zonas inundables e que a primavera e comezo do verán foron secos e, incluso, moi quentes, pero a auga que levan os ríos procede das precipitacións, que afectan direitamente ao caudal e dos manantiais, que manteñen o caudal denominado "caudal base". O "caudal base" é o que nos indica como se mantén o fluxo de auga durante os meses nos que as precipitacións son escasas e presenta unha reducción decrecente, ata chegar ao mínimo de setembro (algo propio dos ríos da vertente atlántica á altura de Galicia).
PUBLICIDADE
O hidrograma de 2026, no que faltan datos ata o 20 de febreiro, presenta unha forma moi parecida ao de 2025 desde finais de abril. É precisamente aquí onde está o problema.
Estamos a xogar con dous meses de diferencia e iso quere decir que o descenso de caudal do río este ano leva dous meses de adianto respecto do ano 2025. Así, por exemplo, o caudal que ten o río o 15 de xullo deste ano, 1,239 metros cúbicos/segundo é o mesmo ca o que presentaba o 17 de setembro de 2025.

PUBLICIDADE
En consecuencia, estamos ante un verán moi preocupante, porque a falta de auga xa se está a notar de forma anticipada e nisto non é o cambio climático a única causa real, senon unha serie de factores relacionados con actuacións irresponsables, desplanificadas, etc ... dentro da conca fluvial".
Antonio Presas, xeógrafo lalinense








Comentarios