Ecos da Comarca/Xeral
Alarma entre os veciños dun edificio en Sigüeiro ao producirse unha explosión de gas. Unha persoa resultou ferida por queimaduras leves nas mans.
Sen embargo, a explosión causou unha forte conmoción entre veciños e viandantes, que viron caer á rúa anacos dunha xanela. Así o explicaron a través das súas chamadas de auxilio ao 112 Galicia, e concretaron que o suceso estaba localizado na Avenida da Grabanxa de Sigüeiro, Oroso, á altura do número 13.
Pasaban uns minutos das seis desta tarde cando os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia atenderon as primeiras comunicacións relativas ao que parecía ser unha explosición por gas finalmente confirmada.
Publicidade
Os veciños estaban xa saíndo do edificio, e parecía haber feridos polo que alcanzaban escoitar desde a rúa os alertadores. Efectivamente, unha muller necesitou asistencia médica debido a unhas lesións de carácter leve por queimaduras nas mans.
Así, ademais dos equipos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, desde o 112 Galicia, pediuse a colaboración dos Bombeiros de Ordes e dos voluntarios de Protección Civil da localidade. Tamén foron informados os axentes da Garda Civil e as autoridades municipais.
Ao peche deste Boletín, os efectivos do parque comarcal seguían traballando no punto, sobre todo á espera de recibir ao técnico da empresa subministradora para comprobar o estado da instalación.
Publicidade
Tamén desde o 112 Galicia realizouse o contacto con esta compañía co obxectivo de localizar a orixe desta explosión, que provocou danos nunha vivenda do terceiro andar do número 13 da Avenida da Grabanza, en Sigüeiro, Oroso.
Comments