top of page

Agustín Reguera visita ao campamento de verán de Silleda, unha das iniciativas do Plan Corresponsables

Ecos da Comarca/Silleda

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou este mércores o campamento de verán do Concello de Silleda, acompañado pola alcaldesa, Paula Fernández Pena, e a concelleira de Promoción Económica e Axenda 2030, Estefanía Taín.

O programa, que se desenvolve ata o mes de setembro, acolle este ano a 130 nenos e nenas pertencentes a 70 familias do municipio, ofrecendo un espazo de xogo, aprendizaxe e diversión, ao tempo que facilita a conciliación da vida laboral e familiar.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Esta iniciativa municipal conta cunha achega de 45.000 euros a través do Plan Corresponsables da Xunta de Galicia, cofinanciado co Ministerio de Igualdade.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Durante a visita, o delegado territorial salientou a importancia da colaboración entre institucións. Pola súa banda, Paula Fernández, que agradeceu o apoio recibido, lembrou que o programa de conciliación continuará durante o curso escolar, ca iniciativa Silleda Concilia, que vén de rematar o prazo de inscripción.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page