top of page

Agustín Reguera entregou os carnés a 25 efectivos da protección civil, entre eles de Lalín e Cruces

O delegado territorial tamén presentou á nova directiva da Asociación Provincial de agrupacións de protección civil, que está formada por oito efectivos, entre eles un cruceño


Ecos da Comarca/Deza

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, entregou este xoves os carnés a 25 efectivos da protección civil nun acto que tivo lugar no edificio administrativo da Xunta en Pontevedra e que involucrou a integrantes das agrupacións de Lalín, Portas, Tui, Vila de Cruces e Vilanova de Arousa.

Durante o acto, o delegado aproveitou para poñer en valor o gran traballo de todos os voluntarios e voluntarias que cada día se esforzan para manter mellorar a seguridade dos galegos e galegas. “O seu labor vai moito máis alá do apoio aos corpos de seguridade do estado, sabemos que en ocasións, por unha cuestión de proximidade, eles son os primeiros en chegar a un accidente ou a unha emerxencia. O seu traballo desinteresado salva vidas e iso é algo que temos que lembrar e agradecer”.


Publicidade


En concreto, entregáronse catro carnés na entidade de Lalín; outros catro na de Portas; oito na de Tui; oito na de Vila de Cruces; e un na de Vilanova de Arousa. Posteriormente o delegado presentou á nova xunta directiva da Asociación Provincial de Agrupacións de Protección Civil, que está formada por Javier Lois Abal (Cerdedo-Cotobade) como presidente; Manuel Vicente Caamaño (Poio) como vicepresidente; Mónica Oliveira Martínez (Oitavén-Tea) como secretaria; Cesareo Coya Portas (Cangas do Morrazo) como tesoureiro; e Iván Marín González (Cambados), Juan Diego Líndez Berdún (Vila de Cruces), Iván Fernández Fernández (Tomiño) e Roberto Agulla Piedras (Marín) como delegados.


Publicidade

Reguera rematou o acto felicitando aos membros da directiva e lembrando que a Xunta está disposta a axudalos en todo o necesario para que poidan seguir desenvolvendo o seu traballo nas mellores condicións posibles.


0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page