top of page

"Agora mesmo o personalizado é moda. Case todas as marcas sacan produtos que se poden personalizar"

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

"Buscaba unha palabra en galego que fose bonita. Como xa te podes imaxinar case todas están collidas, entón buscando no dicionario apareceu Asela, sinónimo de lazada, lazo"

Tania Arias Carballal.

ENTREVISTA A TANIA ARIAS CARBALLAL, VECIÑA DE TOQUES, E CREADORA DE ASELA


Laura Moure/Toques

Tania Arias Carballal é veciña de Toques e ten 29 anos. Estudiou Nutrición Humana e Dietética na Universidade de Santiago de Compostela. Actualmente está traballando como nutricionista en Melide e nos seus ratos libres deixa voar a creatividade e dedícalle horas ao seu proxecto Asela. É toda unha artista e as súas creacións son variadas.


1. Como e cando xorde Asela?

Asela xorde en outubro de 2020. Comecei facendo colga máscaras por hobby no meu tempo libre para familiares e amigos. E gustaron tanto, que empezaron a pedirmos persoas que non son do meu entorno. Nese momento é cando decido crear Asela.


2. Por que este nome?

Buscaba unha palabra en galego que fose bonita. Como xa te podes imaxinar case todas están collidas, entón buscando no dicionario apareceu Asela, sinónimo de lazada, lazo. E foi a elixida.


3. Quen forma parte deste proxecto?

Actualmente só eu aínda que me gustaría que nun futuro moitas outras persoas formaran parte de Asela.


4. Faime un resumo do que ofrece Asela.

Ofrece colga máscaras, colga gafas, pulseiras, diferentes tipos de chaveiros, bolas de Nadal, cuncas, cadros, puzzles, mantas... Todo isto personalizado e proximamente terei máis novidades.


5. Vin que por Nadal, tivo unha gran acollida as bolas navideñas personalizadas. Como xurdiu esta idea?

A idea saíu de Tik Tok, aínda que pareza incrible. Dependendo dos teus gustos a aplicación así vai ensinando contido, e no meu caso, ensinábame vídeos de manualidades. E cada vez aparecíanme máis vídeos de bolas de Nadal, personalizadas, con purpurina... Entón decidín comprar o plotter de corte para poder facelas personalizadas. A miña intención era facelas de purpurina, pero a primeira bola que fixen, transparente con imitación de neve dentro tivo tanto éxito que poucos modelos diferentes a ese fixen. Xa vos aviso que para este Nadal teño máis modelos en mente que vos van encantar.


6. A xente decántase máis por personalizar á hora de agasallar algo?

Agora mesmo creo que o personalizado é a moda. Case todas as marcas están a quitar produtos que se poden personalizar. Con iniciais, nomes, fotos... E a verdade a min encántame!


7. Que materiais emprega?

Pois dependendo do que faga así emprego un material ou outro, pero teño moitísimos abalorios, de tamaño, color e forma diferente. Gran variedade de vinilos de cores, cartulinas, resina expoxi, brillantinas e purpurinas. A verdade nalgúns casos a oferta que temos na contorna é moi reducida, respecto a material para manualidades.


8. Ten algo en mente que lle gustaría elaborar nun futuro?

Si, por suposto. De feito hai moitas cousas que estou facendo actualmente que non estou a subir ás redes, como toppers para tartas, os colgantes para o móbil que tan de moda están agora. Ultimamente non lle podo dedicar tanto tempo como me gustaría, pero podo adiantarvos que proximamente tamén farei pendentes e colgantes personalizados de resina. E algunha outra cousiña que teño en mente.

Creacións de Asela.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page