top of page

Agolada repartirá 760 euros en premios no seu concurso de disfraces

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Estas contías entregaranse en vales de compra para incentivar o comercio local e a programación complétase con outras iniciativas, como unha festa infantil


Laura Moure/Agolada

O Concello de Agolada deu a coñecer este venres a súa programación de entroido. Esta inclúe música, unha festa infantil, degustación de doces típicos destas datas, chocolatada e un concurso no que se repartirán 760 euros en premios que serán vales de compra para gastar nos negocios do municipio e desta forma, incentivar o comercio local.


A celebración arrancará o domingo 27 de febreiro cun pasacalle polas principais rúas da vila a cargo da Charanga Leña Verde. O punto de partida será o CEIP Agolada ás 17:00 horas e repartiraranse vales para mercar nos negocios da localidade e desta maneira, incentivar o comercio local, tal e como subliña o Concello. E ese día terá lugar o concurso de disfraces no que se repartirán distintos premios na Praza do Concello, que estes serán vales de compra para gastar nos negocios do municipio. Haberá diferentes categorías e contías como se pode ver no seguinte cartel:

Para participar no concurso é necesario anotarse a través do teléfono do Concello 986 788 063 en horario de luns a venres de 8:30 a 15:00 horas e a data límite para inscribirse é o 25 de febreiro.

Pola súa banda, o martes de Entroido, o 1 de marzo, terá lugar unha festa infantil que leva por título Brincos de Entroido e será a cargo da empresa Enrédate. Esta terá como escenario Os Pendellos e levarase a cabo en horario de 16:00 a 19:00 horas. Ademais, poderase degustar sobremesas típicas destas datas e tamén haberá un concurso de disfraces e chocolatada.





0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page