top of page

Agolada promociona os seus atractivos turísticos a través dun vídeo

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Laura Moure/Agolada

O Concello de Agolada deu a coñecer este mércores un vídeo promocional dos atractivos turísticos do municipio. Foi realizado polo estudio de fotografía Natalia Mejuto.


Neste vídeo, de algo máis de dous minutos, faise un recorrido polo casco urbano de Agolada. As principais rúas, a Praza do Concello, o Consistorio e por suposto, os Pendellos son gravados a “vista de paxaro”. A estas imaxes súmase as da Área Recreativa de Carmoega; a Ponte dos Cabalos sobre o río Arnego que se atopa entre Agolada e Lalín; o embalse de Brocos ou a igrexa de Ventosa, considerada a catedral do rural galego.

O encoro de Portodemouros.


Vive, soña, coñece, desfruta son as palabras usadas ao longo do vídeo para convidar a todos a coñecer o noso municipio. “En Agolada temos moito do que presumir. Temos importantes e fermosos atractivos turísticos e convidámosvos a todos a visitarnos. Ademais de desfrutar da nosa gastronomía, que sempre é espectacular”, indica o tenente de alcalde e concelleiro de Turismo, Óscar Val.



0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page