Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Agolada pon en marcha unha nova campañade recollida de plásticos agrícolas o 6 e 7 de xuño

Eses dous días deberán depositarse e recolleranse o 8 dese mesmo mes


Ecos da Comarca/Agolada

O Concello de Agolada lanza unha nova campaña de recollida de plásticos agrícolas de silo e de invernadoiro no vindeiro mes. O obxectivo desta acción é que os gandeiros poidan desfacerse dos plásticos sobrantes ou xa usados nas súas explotacións.

Os plásticos deberán depositarse nos lugares e días establecidos para cada zona durante as xornadas marcadas e non se poderán facer máis descargas ata novo aviso. En todas as

parroquias deberán depositarse os días 6 e 7 de xuño e recolleranse ao día seguinte, é dicir, o 8.

Os lugares onde se deben deixar son:

  •  A parroquia de Berredo: no campo da festa.

  • A parroquia de Artoño: no campo da festa de Buxel.

  • A parroquia da Baíña: no campo da festa.

  • As parroquias de Agra e O Sexo: no campo da festa de Agra.

  • As parroquias de Brocos e Sesto: no campo da festa de Brocos.

  • A parroquia de Val: no campo da festa.

  • As parroquias de Vilariño e Esperante: xunto ao cruceiro, na Lagoa.

  • A parroquia de Santa Comba: no campo da festa.

  • As parroquias de Carmoega e Brántega: na explanada da igrexa de Carmoega.

  • A parroquia de Órrea: enfronte á taberna de Oliva.

  • A parroquia de Bais: no campo da festa.

  • A parroquia de Merlín: ao lado do teleclube de Friufe.

  • A parroquia de Ferreiroa e a propia vila de Agolada: no polígono industrial, concretamente na parcela do Concello xunto á nave.

  • A parroquia de Gurgueiro: na explanada da igrexa de San Miguel.

  • A parroquia de Ventosa: xunto ao campo de fútbol (novo).

  • A parroquia de Trabancas: no campo da festa.

  • A parroquia de Borraxeiros: no campo da festa.

  • A parroquia de Eidián: no campo da festa.

  • A parroquia de Basadre: ao lado da igrexa.

  • A parroquia de Ramil: ao lado da marquesiña dos rapaces.

  • O lugar da Cornella: xunto á casa de Milucho.

Normas

O Concello de Agolada lembra que só se recollerán plásticos de silo ou invernadoiro; os

plásticos deberán estar atados en fardos; non poderán levar restos de leña, herba ou calquera outro elemento e non se poderán depositar rodas nin garrafas de plástico. Ante calquera dúbida os interesados poden chamar ao Concello: 986 788 062.

37 visualizaciones0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE