Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Agolada estrea un novo camión bañeira adquirido con fondos do Plan Concellos da Deputación

Con este investimento provincial, de case 75.000 euros, o ente provincial revalida a súa aposta por axudar os concellos a manter en bo estado os camiños e vías municipais


Laura Moure/Agolada

O concello de Agolada conta cun novo camión bañeira para atender as infraestruturas municipais sufragado con 74.900 euros achegados pola Deputación de Pontevedra a través do Plan Concellos. Esta adquisición foi presentada hoxe polos deputados provinciais Santos Héctor e Manuel González, quen xunto ao alcalde de Agolada, Luis Calvo, coñeceron de preto as características do vehículo.


Para o concello de Agolada era importante contar cun camión bañeira, tanto pola extensión das vías do municipio como pola continua necesidade de atender en subministración, obras de infraestruturas e servizos sociais a súa veciñanza. Deste xeito, Agolada decidiu destinar os recursos provinciais a manter en bo estado os seus camiños municipais da man do Plan Concellos da Deputación, co que tamén financiou subministración de material para reparar fochas (55.000 euros), asfaltados (200.000 euros) e melloras de camiños con firme de saburra (39.000 euros). Ademais, o concello de Deza tamén dedicou de xeito case íntegro os recursos do Plan 2021 a este tipo de obras.

O Plan Concellos é a grande aposta da Deputación de Pontevedra para achegar recursos ordinarios aos concellos da provincia de ata 50.000 habitantes, respectando a súa autonomía. De feito son os gobernos locais, que coñecen máis de preto as necesidades da súa veciñanza e xestionan a prestación adecuada dos servizos e actividades da súa competencia, os que deciden en que invisten os recursos provincias. A través deste plan Agolada ten recibido da Deputación case 4 millóns de euros desde 2016 dos que 900.000 euros corresponden ao Plan Concellos 2022-2023.

508 visualizaciones0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE