top of page

Agolada conmemora o Día das Letras Galegas cun concerto dos Coribantes de Buchabade

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

A actuación será o día 15 na Praza do Concello e poderase escoitar temas do novo disco da formación


Laura Moure/Agolada

O Concello de Agolada conmemora o Día das Letras Galegas cun concerto dos Coribantes de Buchabade. A cita será dous días antes da data, é dicir, o domingo 15 ás 13:00 horas na Praza do Concello.


Cabe mencionar que a banda de gaitas os Coribantes de Buchabade actuou o pasado agosto en Agolada. Puxeron o broche final á 24 edición da Mostra de Artesanía. Sen dúbida, o concerto foi todo un éxito e o público quedou con ganas de máis, por iso o Concello decidiu que era unha magnífica opción para amenizar esta data.


A formación de Ponte Caldelas está ultimando os detalles do que será o seu terceiro disco, que leva por título A ponte da música. Este será presentado o 27 deste mes na súa vila durante a Festa da Troita. Sen embargo, gran parte dos temas deste novo traballo poderanse escoitar xa na actuación de Agolada.



O concerto, que durará aproximadamente uns 90 minutos, mesturará a música instrumental co canto e co baile. Será unha actuación de música tradicional e popular con matices modernos e tamén incluirá ritmos doutras culturas, como a árabe. Serán uns 50 músicos os que se subirán ao escenario, entre estes a cantareira agoladesa Nati Berredo.

0 comentarios

留言


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page