top of page
Perruquería Marisa.gif

Agolada clausurou este venres o seu campamento de verán no que participaron 75 cativos

Finaliza sen ningún caso de Covid entre os rapaces


Ecos da Comarca/Agolada

O campamento de verán de Agolada clausurouse este venres tras iniciarse o 5 de xullo. Durante as catro quincenas participaron un total de 75 nenos. O campamento estivo xestionado pola empresa Eduvía.


Hoxe despedíronse cunha festa e as monitoras debuxáronlles tatuaxes ou maquilláronlles a

cara imitando aos personaxes de debuxos que eles elixiron.

O Concello de Agolada procedeu a entregarlles uns agasallos, como fixo en cada quincena, e sempre apostando por un libro de contos e un xoguete. “Estamos moi contentos co resultado do campamento. Da empresa temos que dicir que un dez e tivemos a gran sorte de que non se detectou ningún contaxio entre os rapaces”, apunta o alcalde do municipio, Luis Calvo.

24 visualizaciones0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
bottom of page