top of page

Agolada celebrará o San Xoán o 23 con sardiñada, fogueira e con música a cargo de Bico da Balouta

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

A cita será no entorno dos Pendellos


Ecos da Comarca/Silleda

O Concello de Agolada organiza unha xornada festiva para celebrar o San Xoán. A cita será o día 23 pola noite e terá como escenario o entorno dos Pendellos.

A xornada comezará a partir das 21:30 horas. Farase unha fogueira como marca a

tradición e haberá degustación de sardiñas e torresmos. A música correrá a cargo do grupo tradicional Bico da Balouta.

Preto dunha decena

Por outra banda, segue aberto o prazo para solicitar o permiso para poder facer as

fogueiras. Xa hai preto dunha decena de solicitudes. Os interesados poderán pedilo ata

o día 22. Os interesados poden presentar a solicitude no Consistorio de luns a venres

de 9:00 a 14:00 horas ou pola sede electrónica do Concello a través dunha instancia

xeral (https://agolada.sedelectronica.gal ). (O formulario da solicitude poden descargalo na web do municipio http://agolada.es/ ou nas redes sociais do Concello ).

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page