Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Agolada celebra as Letras Galegas cun obradoiro infantil, un sorteo dun lote de libros e con música

A actividade para os nenos, dirixida aos cativos de 5 a 12 anos, será o día 14 e é necesario anotarse. O pasacalles a cargo de Bico da Balouta terá lugar o 17


Laura Moure/Agolada

O Concello de Agolada dá a coñecer a súa programación con motivo do Día das Letras Galegas, que como cada ano se celebra o 17 de maio. Un obradoiro infantil, un sorteo dun pack de seis libros de distintos estilos e para idades diferentes e un pasacalles a cargo do grupo tradicional Bico da Balouta compoñen a conmemoración desta data. As actividades foron presentadas hoxe polo alcalde do municipio, Luis Calvo, e o tenente de alcalde, Óscar Val.

Óscar Val e Luis Calvo durante a presentación da programación.


O venres 14 de maio o Pendello Comedor acollerá ás 16:30 horas un obradoiro infantil que leva por título Chapas Xela Arias. Está dirixido a nenos de entre cinco e 12 anos. Para poder cumprir todas as medidas para frear a pandemia o aforo é limitado. Hai 20 prazas. Os interesados deberán anotarse previamente a través do teléfono 637 092 846. O prazo para inscribirse xa está aberto e rematará o día 13 ás 17:00 horas.


Estará impartido pola animadora sociocultural do Concello de Agolada, Inma Galego. A actividade consistirá en facer un pequeno resumo da celebración desta data, explicarlles todo o relacionado coa homenaxeada deste ano, Xela Arias, e levarase a cabo un obradoiro de chapas grandes. Por último, os participantes despediranse cunha merenda.

O luns 17 a música será a protagonista. De 12:30 a 14:30 horas, aproximadamente, haberá un pasacalles pola vila de Agolada a cargo do grupo de música tradicional Bico da Balouta.


E ademais, terá lugar un sorteo dun pack de seis obras variadas a través do Facebook e de Instagram do Concello. O pack está formado polos seguintes libros:

  1. Darío a diario de Xela Arias.

  2. Mini-libros de Kalandraka.

  3. A praia dos afogados de Domingo Villar.

  4. Asústate Merche! de Fina Casalderrey.

  5. O Bicheiro (número 1) de Davila.

  6. Herba Moura de Teresa Moure.

O pack compartirase en Facebook (concretamente, na páxina Agolada Concello) e no Instagram (Concello Agolada) a mediados desta semana e haberá un prazo duns sete días para participar no sorteo. O gañador darase a coñecer na xornada seguinte a finalizar o sorteo. Os dous requisitos para participar son que os interesados deberán darlle a Me gusta e a Seguir á paxina Agolada Concello no Facebook, ou se se participa no Instagram seguir á páxina do Concello (Concello Agolada) e facer un único comentario na publicación oficial (sexa en Facebook, en Instagram ou en ambas. Se comenta nas dúas, cumprindo os demais requisitos, contará dúas veces). Despois, quen o desexe pode compartir a publicación. Pero todas estas normas explicaranse nas redes sociais o día que arranque o sorteo.


43 vistas0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE