Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Agolada agradece “o magnífico” traballo que desempeñan os operarios da maquinaria da Mancomunidade

“Que baixen o soldo os asesores e políticos e que os traballadores cobren o que realmente

merecen”, recalca o mandatario agoladés


Ecos da Comarca/Agolada

O Concello de Agolada quere agradecer publicamente o traballo realizado polos operarios da maquinaria da Mancomunidade Terras do Deza que acabaron a súa labor no municipio nos últimos días. O alcalde, Luis Calvo, e o concelleiro de Obras, Pedro García, recibiron este venres ao seu encargado, Manuel Mendoza.

Calvo, Mendoza e García este venres.

“O Concello de Agolada quere agradecer o traballo magnífico que desempeñan estes grandes profesionais Manuel Mendoza, José Luis Gutiérrez e Manuel Ángel e consideramos que están moi mal pagados xa que incluso, non teñen pagas extras”, incide o mandatario agoladés, Luis Calvo.


Ao mesmo tempo, o equipo de goberno do PAYJ quere recalcar que a decisión de Agolada de saír da mancomunidade por suposto que non ten nada que ver cos traballadores. “Reitero que foi porque non nos tomaron en serio, non cambiaron os estatutos como se decidira no seu momento, algo que parece que si van facer agora, dende que nós nos botamos fóra”, lamenta Calvo.


“Estes son grandes profesionais e dende este Concello estamos máis que agradecidos con eles e consideramos que lles debían de subir os salarios e darlles as gratificacións que merecen. Que baixen o soldo os asesores e políticos e que os traballadores cobren o que realmente merecen”, recalca o rexedor quen incide en que se nunha mancomunidade non existe unha orde e non está ben constituída está claro que non funciona.


En Agolada as máquinas da mancomunidade estiveron traballando nos últimos días en Vidueiros, Couso de Arriba, Lamas (Trabancas), Laxosa, Gurgueiro, San Miguel (Borraxeiros) e na Baíña.

381 visualizaciones0 comentarios