top of page

Agolada acometerá unha actuación no firme da ponte de Cristín onde hai varios socavóns

Ecos da Comarca/Agolada

O firme da ponte do lugar de Cristín, na parroquia de Borraxeiros, atópase en mal estado presentando máis dun socavón. Este xoves o concelleiro de Obras, Pedro García, en compañía do arquitecto técnico do Concello desprazáronse alí para determinar que actuación é necesaria acometer.


Na vindeira semana comezarase coa intervención. Será necesario, tal e como explica o arquitecto técnico, abrir media ponte para consolidala, porque a situación que presenta é debido ás filtracións na base da terra que había debaixo do firme da estrada.


Actualmente, a zona dos buracos está cercada para alertar do perigo, aínda que si poden seguir circulando os vehículos. E levarase a cabo traballos para reforzar a base da ponte e de seguido, volverase aplicar o firme da estrada.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page