top of page

Agolada acollerá o 6 de maio unha charla informativa sobre as novas tarifas eléctricas

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Será impartida por Hidroeléctrica Lumymey


Laura Moure/Agolada

O Concello de Agolada organiza unha charla informativa para que os veciños coñezan de primeira man todo sobre as novas tarifas eléctricas. A cita será o 6 de maio, ás 20:00 horas, no Auditorio Municipal Manuel Costa Casares.


Será a empresa Hidroeléctrica Lumymey a encargada de dar esta charla. Esta firma leva máis dun século comercializando electricidade e producindo enerxía verde.


Os cambios nas tarifas de luz no 2021 serán importantes debido a que se realizarán durante este ano os previstos para 2020 que non se puideron levar a cabo pola irrupción do coronavirus. Concretamente, entrarán en vigor en xuño.

O Auditoro Municipal Costa Casares onde terá lugar a charla.

Autor: Ecos da Comarca.


Na charla cumpriranse todas as medidas de seguridade establecidas para frear a pandemia da Covid-19.


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page