top of page

Agolada acollerá o 19 unha sesión formativa sobre composteiros e tamén se fará entrega destes

Os interesados en adquirir un deben reservalo previamente


Ecos da Comarca/Agolada

Agolada acollerá o 19 de setembro unha sesión formativa sobre composteiros e tamén se fará entrega destes a quen o desexe. "Se vives en Agolada e tes un pequeno terreo, podes converter os teus residuos orgánicos en compost de calidade! O Concello entrega, de balde, composteiros e aireadores domésticos. Asiste e recolle o teu!", informa o Concello.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

 A cita será o 19 de setembro ás 19:00 horas no Auditorio Municipal Manuel Costa Casares. Os interesados deben inscribirse para a reserva do material a través do correo agolada.rsu.gal Tamén se pode obter máis información a través do teléfono 647 521 464 ou do correo residuos@agolada.es


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

"Grazas por reducir a nosa pegada ecolóxica!", subliña o Concello.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page