top of page

Afectadas 0,4 hectáreas en Silleda a causa dun incendio forestal con varios focos

Ecos da Comarca/Silleda

Onte, xoves, pola tarde, rexistrouse un incendio con varios focos ao pé da estrada que atravesa a parroquia de Ponte, entre O Castro e Vilar, no municipio de Silleda e tal e como informa o propio Concello.

 O lume tamén chegou á zona do agro de Rosende e ás proximidades da igrexa parroquial.

 Foi controlado ás seis e media da tarde e dende o 112 mobilizouse un amplo operativo:

 • 4 axentes

 • 6 brigadas

 • 5 motobombas

 • 1 técnico

 • 2 helicópteros

 • 2 avións


 PUBLICIDADE

Tamén estiveron efectivos da Policía Local de Silleda así como da Garda Civil de Tráfico, e os Bombeiros do parque comarcal do Deza-Tabeirós. As primeiras estimacións apuntan a 0,4 hectáreas afectadas. 


PUBLICIDADE

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

"As hipóteses iniciais indican que o lume puido iniciarse polo paso dun vehículo. Grazas a todas as persoas e equipos que traballaron na extinción e pola rápida intervención. Moi importante: precaución e tamén prevención! Mantede as fincas limpas. O lume fai moito dano: coidemos entre todas e todos do noso territorio", recalca o Concello.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page