top of page

Afapo ofrece unha charla sobre a saúde mental o vindeiro 25 de abril en Silleda

A actividade é de carácter aberto, mais será necesaria inscrición previa


Laura Moure/Silleda

O vindeiro venres 25 de abril, ás 20:00 horas, o Salón de Actos do Concello de Silleda acollerá a charla titulada “A saúde mental vista desde a neurociencia”, unha iniciativa promovida pola asociación AFAPO (Alzheimer Pontevedra) en colaboración co propio Concello.

O evento contará coa presentación de José Manuel Fontenla Redondo, presidente de AFAPO, e coa participación do Dr. Carlos Spuch, destacado investigador R4 no Grupo de Neurociencia Traslacional do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur. O Dr. Spuch forma parte tamén de CIBERSAM (Centro de Investigación Biomédica en Rede de Saúde Mental) e da Rede de Investigación en Atención Primaria de Adiccións.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

A charla ten como obxectivo achegar á veciñanza unha visión científica e divulgativa sobre a saúde mental, dende a perspectiva da neurociencia, nun contexto no que as problemáticas vinculadas á saúde mental están a adquirir unha crecente relevancia social e sanitaria.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

A actividade é de carácter aberto, mais será necesaria inscrición previa a través do teléfono 986 592 037 (Servizos Sociais do Concello de Silleda).


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page