top of page

AEDEZA e Concello de Lalín asinan un convenio para impulsar accións de dinamización comercial

A Administración Local achegará 15.400 euros para diferentes campañas e para colaborar no servizo de vixilancia do Parque Empresarial Lalín 2000


Laura Moure/Deza

O presidente da Asociación de Empresari@s de Deza (AEDEZA), David Campos, o alcalde de Lalín, José Crespo, e a concelleira de Promoción Económica, Comercio e Emprego, Bea Canda, asinaron onte o convenio de colaboración entre ambas as dúas entidades correspondente ao presente exercicio, segundo o cal a Administración Local achegará 15.400 euros para o desenvolvemento de accións e campañas de dinamización dos sectores do comercio e a hostalaría e tamén para colaborar no financiamento do servizo de vixilancia do Parque Empresarial Lalín 2000.


Concretamente, o convenio asinado este xoves establece que 5.400 euros corresponden á parte proporcional asignada ao Concello de Lalín para o pago do servizo de seguridade e vixilancia, como propietario de varias naves e instalacións no polígono industrial.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.
Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Por outra parte, a AEDEZA empregará os 10.000 euros restantes en cofinanciar accións de dinamización comercial desenvolvidas ao longo deste ano, como as campañas de rebaixas do verán e do inverno, o Día da Nai, a Noite Branca e o Concurso de Tapas “Deztápate”.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page