As tarxetas do “3 en liña” depositadas dende o 4 ata onte no buzón situado na rúa Luis González Taboada e que resultaron premiadas corresponden a compras do día 21
Laura Moure/Lalín
A Asociación de Empresari@s de Deza e o Centro Comercial Aberto (CCA) de Lalín realizaron hoxe o primeiro dos sorteos de vales de compra de 250 euros correspondentes aos primeiros oito días da campaña O Nadal de Lalín mola, empregando como “man
inocente” a dun traballador do Mesón Os Cortizos, que foi quen elixiu as tarxetas gañadoras do montante global de 4.000 euros sorteados.
Este primeiro sorteo correspondía ás tarxetas do “3 en liña” correspondentes ás compras realizadas nos 92 comercios asociados desde o día 4 de decembro ata o día 12, exceptuando o día 8. A pesares de terse sorteado un total de 16 vales de compra de 250 euros cada un para canxear no comercio asociado, a relación de persoas gañadoras foi só de 14, xa que dúas delas (Beatriz Catoira e Lina Silva) depositaran como mínimo dúas tarxetas cos tres selos acreditativos de tres compras dun mínimo de 50 euros e tiveron a fortuna de resultar elixidas por duplicado. As outras doce persoas gañadoras foron María Paz Carballude, Milagros Cibeira, Carmen Faílde, Pilar Faílde, Teresa Fernández, María Jesús Fernández, José Gil, Geraldine Grove, Tania Hermida, Sandra Ledo, Belén Moure e Begoña Penalta.
Os 21 establecementos nos que as 14 persoas gañadoras realizaron compras foron Cris Abad, C&C Young Trend, Zapatería Martínez, G-Básico, Lencería Lilas, Moca, It ́s Only, Vilaconfort, Calzados Senra, Thebes, Strass, Varell Sport, Joyería López Romero, Embutidos Lalinense, Esther Cortés, Strass, Exclusive, Perfumería Fegus, Brandido, Multiópticas Lalín e Calzados Alca.
Desde a Asociación de Empresari@s de Deza lémbrase que as persoas gañadoras, para poder reclamar o premio, deberán presentar os tickets das compras dun mínimo de 50 euros realizadas durante os oito primeiros días de campaña nos establecementos que selaron as tarxetas do “3 en liña”.
Toda a información desta campaña no enlace:
Comments