top of page
Foto del escritorLaura Moure

AED e CCA de Lalín organizan o venres unha Festa do Comercio con animación infantil e musical

Os tickets de compra nos comercios asociados permitirán conseguir xeados gratis

e participar nun sorteo de 300 euros en vales de compra


Laura Moure/Deza

A Asociación de Empresari@s de Deza (AED) e o Centro Comercial Aberto (CCA) de Lalín están a programar para o vindeiro venres, día 16 de xullo, unha Festa do Comercio que,

segundo explicou o presidente, Antonio Lamas, pretende “dinamizar as vendas dos establecementos locais cunha celebración semellante á da tradicional Noite Branca, pero adaptada á normativa e ás restricións derivadas da pandemia”.

Lamas avanzou que, ademais da ambientación musical en varias rúas do centro, desenvolveranse actividades enfocadas fundamentalmente cara ao público infantil: desde as 17.00 ata as 21.00 horas ubicarase un posto de xeados a carón da estatua do peregrino, no que se poderán conseguir xeados gratis coa presentación dos tickets de compras realizadas nos comercios afiliados; desde as 19.00 ata as 21.00 horas, Os Bolechas percorrerán as rúas máis céntricas de Lalín; e ás 20.00 horas, o grupo infantil Mamá Cabra ofrecerá na Praza da Igrexa o seu espectáculo Patrimonio cultural.


Por outra banda, os tickets das compras realizadas ese día nos comercios asociados tamén permitirán participar nun sorteo de 300 euros en vales de compra, que non será presencial, senón que se realizará con posterioridade na sede da AED.


Estas actividades organizadas pola AED e o CCA de Lalín contan coa colaboración do Concello de Lalín e da Xunta de Galicia, concretamente da Secretaría Xeral de

Política Lingüística e o Xacobeo 2021-2022.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page