top of page

AECA organiza a Festa da Volta ao Cole para dinamizar as compras no CCA Arzúa

Será o 28 de setembro e sortearase unha videoconsola PS5 Sony


Laura Moure/Arzúa

A Asociación de Empresarios da Comarca de Arzúa celebrará na tarde do día 28 de setembro a Festa da VOLTA AO COLE no Multiusos Terra do Queixo en Arzúa. A través desta actividade AECA incentivará as mercas no CCA Arzúa durante a campaña, que dará comezo o 1 de setembro, e fidelizará ás familias que aposten polo consumo local.


O evento, programado para o sábado 28 de setembro, dará comezo ás 16 horas e consistirá nunha gran festa de animación con diferentes actividades destinadas a todo o público mozo; dende os máis cativos ata os rapaces en idade adolescente. As actividades programadas son: inchable de percorrido, inchable de salto, touro mecánico e festa da escuma. Durante a actividade da escuma haberá dous espazos delimitados; un para os nenos máis cativos onde poderán estar acompañados polos pais, e outro espazo no cal estarán os demais rapaces asistentes.

Dende a organización de AECA adiantan que no caso de que as temperaturas sexan desfavorables a festa da escuma será substituída por outro tipo de actividade de animación alternativa. Tamen haberá un equipo de son para amenizar o evento, e un spiker que interacturará co público e conducirá o sorteo presencial.


Terán acceso ao recinto da festa todas aquelas familias, clientes do Centro Comercial Aberto de Arzúa, que presenten un tícket de gasto, por cada nen@ asistente, de material escolar, deportivo, ou de produtos de equipación persoal (gafas, roupa, calzado, complementos, ...etc.), por un importe mínimo de 20 euros e con data comprendida do 2 ao 28 de setembro. Aos nenos entregaráselles no acceso unha pulseira personalizada do

CCA Arzúa coa cal poderán desfrurar de tódalas actividades.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Ademais para gratificar aos clientes polas súas mercas haberá unha degustación de xeado ecolóxico e durante o evento celebrarase o sorteo presencial dunha videoconsola PS5 Sony. Para realizar este sorteo a organización entregará aos clientes no acceso ao recinto 1 rifa por cada 20€ de gasto presentados a través de tíckets. De este xeito, canto máis teñan consumido no CCA Arzúa durante a campaña máis participacións obterán para o sorteo.


Os consumidores poderán consultar toda a información da Festa da Volta ao Cole e bases do sorteo na páxina web www.aecomarcadearzua.com Esta campaña comercial supón para as papelerías e outros comercios locais unha importante porcentaxe da facturación anual, polo que AECA fai un chamamento ás familias para que non deixen de respaldar aos negocios locais á hora de preparar a volta ao cole, xa que tamé n están ao longo de todo o ano ao seu carón para resolver necesidades inmediatas de xeito satisfactor io; ofrecendo un servizo cercano, de calidade e cun trato personalizado incomparable con outros formatos comerciais.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page