Adxudican a Iglesias y Veiga Arquitectos a redacción do proxecto de creación da residencia de Antas
- ecosdacomarca
- 31 may 2021
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Antas de Ulla
O día 8 de febreiro de 2021 publicouse na Plataforma de Contratos Públicos de Galicia a documentación relativa ao servizo de redacción do proxecto de reforma integral de edificio para a creación dunha Residencia de Maiores en Antas de Ulla (Lugo), polo procedemento aberto simplificado, de conformidade co establecido nos artigos 131 e 156 a 159 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de Contratos do Sector Público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as Directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, de 26 de febreiro de 2014 (en diante LCSP). E hai un días adxudicóuselle a Iglesias y Veiga Arquitectos.

O gasto máximo aprobado para esta licitación foi de 54.484 euros, IVE incluído, con cargo á aplicación orzamentaria 13.01.311A.632.1 dos Orzamentos Xerais da Comunidade Autónoma de Galicia. Presentáronse dúas ofertas.
Unha vez finalizada a fase de licitación e segundo consta nas actas das mesas de contratación dos días 04/03/2021 e 13/04/2021 publicadas na plataforma de contratación da Xunta de Galicia, a oferta máis vantaxosa foi a presentada pola empresa “Iglesias y Veiga Arquitectos SLP”, que foi en concreto, de 45.705 euros. O prazo de execución é de dous meses.
Comments